Viaxe musical escollida para a ocasión abrindo o momento de baile na eira da Fundación Uxio Novoneyra. Unha sorte de andaina de danza pangalaica e transalpina que recolle o testigo sonoro da banda Moura, herdeiros da psicodelia progresiva de N.H.U. a Kozmic Muffin. Unha chamada a celebración dos corpos danzantes nun espazo natural privilexiado, o Caurel. Choveu e bailamos. A caballo vamos pal monte,...!!